logo sli
Seminario de Lingüística Informática, 2011
Universidade de Vigo

Dicionario CLUVI español-galego

(Baseado no Corpus CLUVI da Universidade de Vigo)



Portada Limiar Nova consulta
- flaquear, flecha, flexible, flor, florido, flotar, fogata, follaje, forcejear, forjar, forma, formidable, fornido, forraje, fortaleza, fortuna, fosa, foso, fragancia


forjar


- v.
- forxar

ES Amaba la soledad, porque en su seno, dando rienda suelta a la imaginación, forjaba un mundo fantástico, habitado por extrañas creaciones, hijas de sus delirios y sus ensueños de poeta; porque Manrique era poeta, tanto, que nunca le habían satisfecho las formas en que pudiera encerrar sus pensamientos, y nunca los había encerrado al escribirlos.
GL Amaba a soidade porque no seu seo, dando corda á súa imaxinación, forxaba un mundo fantástico, habitado por estrañas creacións, fillas dos seus delirios e dos seus soños de poeta, porque Manrique era poeta; tanto, que nunca o satisfixeran as formas en que puidera fechar os seus pensamentos e nunca os fechara aos escribir.
- Fonte: RAY (9)
- matinar

ES Meses y meses pasó el caballero forjando los proyectos más atrevidos y absurdos: ora imaginaba un medio de romper las barreras que lo separaban de aquella mujer; ora hacía los mayores esfuerzos para olvidarla; ya se decidía por una cosa, ya se mostraba partidario de otra absolutamente opuesta, hasta que al fin un día reunió a sus hermanos y compañeros de armas, mandó llamar a sus hombres de guerra, y después de hacer con el mayor sigilo todos los aprestos necesarios, cayó de improviso sobre la fortaleza que guardaba a la hermosura, objeto de su insensato amor.
GL Meses e meses pasou o cabaleiro a matinar nos proxectos máis arriscados e absurdos; agora imaxinaba un medio de romper as barreiras que o separaban daquela muller, agora facía o mor esforzo por esquecela, e xa se decidía por unha cousa, xa se amosaba partidario doutra absolutamente oposta, ata que, por fin, un día reuniu os seus irmáns e compañeiros de armas, fixo chamar os seus homes de guerra e, despois de facer co maior sixilo todos os aprestos necesarios, caeu de socato sobre a fortaleza que gardaba a fermosura obxecto do seu insensato amor.
- Fonte: COV (24)