logo sli
Seminario de Lingüística Informática, 2005-2018
Universidade de Vigo

Dicionario CLUVI inglés-galego, 2ª edición revisada (versión 2.2)

(Baseado no Corpus CLUVI da Universidade de Vigo)



En inglés
Comeza con
En galego
Palabra exacta
Portada
Sobre o Dicionario
- blurt, blush, boar, board, boarded, boarder, boarding, boast, boastful, boat, boatman, bob, bobbin, bode, bodice, bodily, bodkin, body, bodyguard


boat


- noun
- barca

EN 'There are half a dozen boats moored at that landing-place,' he said, pointing to certain steps which descended from the garden to the lake.
GL --Hai media ducia de barcas naquel ancoradoiro --dixo, sinalando uns banzos que descendían dende o xardín cara o lago.
- Fonte: DAI (564)
- salseira

EN He poured sauce freely over Stephen's plate and set the boat again on the table.
GL Botou salsa con xenerosidade no prato de Stephen e volveu a poñer a salseira na mesa.
- Fonte: RET (640)
- navío

EN It was roughly boat-shaped: humped near this end with behind them the jumbled descent to the shore.
GL Tiña máis ou menos a feitura dun navío: aparecía eslombada neste extremo e detrás deles o carreiro baixaba serpeando ata a beira do mar.
- Fonte: SEN (668)
- barco

EN This is the one boat going for two weeks or beyond it, and the fair will be a good fair for horses I heard them saying below.
GL Este é o único barco que vai en dúas semanas ou máis, e a feira será unha boa feira para cabalos, oín dicir embaixo.
- Fonte: RID (89)
- bote

EN I swear, if that guy was shipwrecked somewhere, and you rescued him in a goddam boat, he'd want to know who the guy was that was rowing it before he'd even get in.
GL Xúrovos que se aquel fulano sufrise un naufraxio nalgunha parte e foran rescatalo nun maldito bote, aínda había querer saber quen era o que remaba antes de subir a bordo.
- Fonte: VIX (1198)
- embarcación

EN Summer arrived, and dogs and men packed on their backs, rafted across blue mountain lakes, and descended or ascended unknown rivers in slender boats whipsawed from the standing forest.
GL Cando chegou o verán, cans e homes coa carga ás costas atravesaron os lagos azuis das montañas e remontaron o curso de ríos descoñecidos en fráxiles embarcacións feitas con troncos de árbores das fragas circundantes.
- Fonte: CHA (1436)
- piragua

EN In addition to the wages earned as guides, boat drivers and cooks, as well as rental for the guesthouse, the village people also earn money selling traditional handicrafts such as woven blankets ($10,000 in 1999).
GL Gracias ás súas actividades de guías, conductores de piraguas ou cocíñeiros e polo aloxamento brindado ós turistas. A isto hai que engadi-los beneficios que obteñen da venda de obxectos tradicionais, como as mantas tecidas (10.000 dólares en 1999).
- Fonte: C21 (485)
- buque

EN In the shimmering colours, fishing boats moored at the quay bob up and down on the filthy water.
GL Nunha ondulación de cores, os buques de pesca amarrados ó peirao flotan na auga pestilente.
- Fonte: C20 (674)
.....--- pleasure boat
- cruceiro de recreo

EN But Coyotito -- he was the one -- he wore a blue sailor suit from the United States and a little yachting cap such as Kino had seen once when a pleasure boat put into the estuary.
GL Pero Coyotito era o primeiro e levaba un traxe azul de mariñeiro dos Estados Unidos e unha pequeniña gorra de mariño coma as que Kino vira dunha vez que un cruceiro de recreo fondeara na embocadura do río.
- Fonte: PER (388)
.....--- sailing boat
- barco de vela

EN They both felt a common hilarity, excited by the moving waves; and then by the swift cutting race of a sailing boat, which, having sliced a curve in the bay, stopped; shivered; let its sail drop down.
GL Ámbolos dous sentiron unha mesma hilaridade, emocionados polas ondas abaladoras; e despois pola veloz e cortante carreira dun barco de vela que, tras tallar unha curva na badía, se detivo, tremeu e deixou cae-la vela.
- Fonte: CAR (199)