logo sli
Seminario de Lingüística Informática, 2005-2018
Universidade de Vigo

Dicionario CLUVI inglés-galego, 2ª edición revisada (versión 2.2)

(Baseado no Corpus CLUVI da Universidade de Vigo)



En inglés
Comeza con
En galego
Palabra exacta
Portada
Sobre o Dicionario
- chivalrously, chivalry, chlorhydrate, chloride, chlorine, chloroform, chloroquine, chlorydric, chocolate, choice, choir, choke, choking, cholera, choleric, cholesterol, choose, choosy, chop


choice


- noun
- escolla

EN "There is no choice," he said. "It is the only way".
GL Non hai escolla posible --dixo Kino--. É a única saída.
- Fonte: PER (1507)
- elección

EN The choice of an American instead of an English star involved a number of alterations.
GL A elección dunha estrela norteamericana e non inglesa supuxo un certo número de cambios.
- Fonte: TER (22)
- selección

EN 'What are you doing, poking round here?' this young lady inquired; but by no means with that harshness of accent which her choice of words may imply.
GL --Que andas a facer fisgando por aquí? --preguntou a moza, pero o seu ton de ningún xeito implicaba a dureza que suxería a súa selección léxica.
- Fonte: DAI (487)
- remedio

EN After I'd told her I had to meet somebody, I didn't have any goddam choice except to leave.
GL Como lle dixera que tiña que marchar, non me quedou máis remedio que saír.
- Fonte: VIX (2866)
- posibilidade

EN Of course, I couldn't know what my salary was going to be, but I had a good enough basis for an estimate in the fact, that if I won the bet I was to have choice of any situation in that rich old gentleman's gift provided I was competent --and I should certainly prove competent; I hadn't any doubt about that.
GL Claro que non podía saber cál ía se-lo meu soldo, pero tiña unha base real e boa de abondo para pensar que se gañaba a aposta ía te-la posibilidade de elixir calquera emprego que estivese nas mans daqueles dous cabaleiros con tal que fose competente para desempeñalo; e por suposto que demostraría ser competente, non tiña dúbida ningunha.
- Fonte: BIL (225)
- opción

EN But among ends that can be achieved our choice must be decided by other than purely scientific considerations.
GL Pero entre estes fins que se poden lograr, as nosas opcións teñen que fundarse en consideracións distintas das puramente científicas.
- Fonte: C01 (570)
.....--- to make a choice
- escoller

EN Jean-Jacques didn't make a clear choice and so ended up losing on both counts.
GL Jean-Jacques non escolleu e acabou por perder en ámbolos dous campos.
- Fonte: C14 (263)
- elixir

EN This means giving each country, each people and each person the capacity to decide for themselves, to make their own choices, to exploit on their own account the natural resources around them.
GL Dar a cada país, a cada pobo, a cada persoa a capacidade de decidir por si mesmo, de elixir por si mesmo, de realizar por si mesmo a exploración dos recursos naturais que o rodean.
- Fonte: C17 (693)


- adjective
- selecto

EN As Edna seated herself at table with them she thought, "Better a dinner of herbs," though it did not take her long to discover that it was no dinner of herbs, but a delicious repast, simple, choice, and in every way satisfying.
GL Cando Edna sentou á mesa pensou: " ¡Que galdrumada me agarda!" Inda que non tardou en descubrir que non era unha galdrumada, senón unha deliciosa comida sinxela, selecta e satisfactoria en tódolos seus detalles.
- Fonte: ESP (1536)
- escollido

EN In the lake of all-devouring flame the proud king will remember the pomps of his court, the wise but wicked man his libraries and instruments of research, the lover of artistic pleasures his marbles and pictures and other art treasures, he who delighted in the pleasures of the table his gorgeous feasts, his dishes prepared with such delicacy, his choice wines; the miser will remember his hoard of gold, the robber his ill-gotten wealth, the angry and revengeful and merciless murderers their deeds of blood and violence in which they revelled, the impure and adulterous the unspeakable and filthy pleasures in which they delighted.
GL No lago das chamas que todo o devoran o rei orgulloso lembrará as pompas da súa corte, o home sabio pero malvado as súas bibliotecas e instrumentos de investigación, o amante dos praceres artísticos os seus mármores e pinturas e demais tesouros, o que se deleitaba cos praceres da mesa os seus requintados festíns, os pratos preparados con delicadeza, os viños escollidos; o coreño lembrará os seus montóns de ouro, o ladrón as riquezas mal adquiridas, os asasinos irados, vingativos e inmisericordiosos os delictos de sangue e violencia en que incorreron, os impuros e os adúlteros os praceres noxentos e inespresables en que se deleitaron.
- Fonte: RET (2605)