logo sli
Seminario de Lingüística Informática, 2005-2018
Universidade de Vigo

Dicionario CLUVI inglés-galego, 2ª edición revisada (versión 2.2)

(Baseado no Corpus CLUVI da Universidade de Vigo)



En inglés
Comeza con
En galego
Palabra exacta
Portada
Sobre o Dicionario
- economy, ecosystem, ecotourism, ecstasy, ecstatic, Ecuador, eczema, eddy, Eden, edge, edible, edict, edifice, Edinburgh, edition, editor, editorial, educate, educated


edge


- noun
- gume

EN And when Kino saw this knife his eyes lighted up, and he fondled the blade and his thumb tested the edge.
GL E cando Kino viu este coitelo, os seus ollos ilumináronse e acariciou a folla probando o gume co dedo gordo.
- Fonte: PER (1189)
- bordo

EN But what might be written in the book which had rounded its edges off in his pocket, she did not know.
GL Pero o que contiña o libro, cos seus bordos dobrados de gardalo no peto, iso non o sabía ela.
- Fonte: CAR (3027)
- orela

EN At the same moment a searchlight from fifty yards away lit the whole channel, caught Harry in its beams, Martins, the staring eyes of Bates slumped at the water's edge with the sewage washing to his waist.
GL Xusto ao mesmo tempo, a cincuenta iardas de alí, un potente reflector iluminou toda a canal, atrapou a Harry nos seus raios, logo a Martins; pasou polos ollos inmóbiles e abertos de Bates, que estaba recostado na orela, semiafundido, coas augas residuais pola cintura.
- Fonte: TER (2363)


- intransitive verb
- avanzar paseniño

EN Jack was edging along the ledge.
GL Jack avanzaba paseniño polo saínte.
- Fonte: SEN (3113)