GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

CORT_0103

ABAU/2016-2017/CD04/xuño/05

Writing year2017
Student level2º de Bacharelato
Commission04
Examination dateXuño
Text typeArgumentativo
SubjectLingua e literatura galegas
TopicA gastronomía
Number of words266
Number of lemmas129
Lexical density48
Number of sentences8
Average of words per sentence33.25
Number of words in the longest sentence72
Number of words in the shortest sentence12
Number of paragraphs3
Average of sentences per paragraph2.67

Javascript seems to be turned off, or there was a communication error. Turn on Javascript for more display options.

Baixo o meu punto de vista, a gastronomía de cada rexión é o seu signo máis significativo e un gran atractivo turístico. Esto último, o atractivo turístico, creo que é unha das grandes razóns polas que o mundo gastronómico cobrou tanta importancia ao longo destes últimos anos. Na miña opinión, a gastronomía está a ser utilizada como un reclamo turístico, como podería ser un monumento ou unha praia, e así atraer turistas. Podemos ver este feito en lugares como Italia, China e incluso España.

Outra das razóns fundamentais polas que creo que a gastronomía acadou tanta popularidade, é que esta actividade comezou a considerar- un xeito máis de expresarse artísticamente e comezou a obter recoñecemento, tanto a nivel individual como a nivel de certames e incluso concursos de cociña televisados, pois eu creo que iso lle dou visibilidade a un sector que non estaba moi recoñecido e fixo que a sociedade comezara a interesarse por ela. Outro factor que baixo o meu criterio axudou a que ésta se popularizase foron as novas tecnoloxías e, sobre todo, as redes sociais, pois se ti segues a algún famoso ou influencer comer nalgún restaurante ou un plato concreto, ti tamén querrás facelo, polo que esto é unha forma máis de darlle visibilidade . Aínda así, con isto non estou a dicir que sexa unha moda pasaxeira, senón que creo que perdurará e seguirá avanzando e desenvolvendo novas técnicas.

Por ese repentino xurdimento de interes, é polo que a gastronomía acadou tanta popularidade, visibilización e desenvolvemento, pois ao fin e ao cabo, non deixa de ser unha forma máis de expresarse.


Legenda:

Lectura difícilTexto borrado Texto engadido


Download current view as TXTMulti-token Annotation