GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

ABAU/2016-2017/CD04/xuño/34

Anotación multipalabra

?
Annotation of multi-token units.

Consumo e produción son aspectos que cada vez exercen máis importancia na nosa vida e que moitas veces é o motor da nosa sociedade actual, pero son dous aspectos que precisamente están moi ligados.

A produción é un aspecto que permite por un lado dar traballo a moitas persoas, posto que é un dos principais factores que empregan ás persoas na sociedade, pero isto tamén esta moi ligado co consumo, que tamén ten moita relevancia na so nosa sociedade posto que condiciona o nivel de produción e, polo tanto do número de persoas que se empregan.

Polo tanto, podemos reitar reiterar o feito de que estes dous aspectos están moi ligados, pero cabe destacar a importancia que ten o relativo á produción, o motor de todo, o que provoca que moitas persoas poidan ter a posibilidade de ter un traballo, o que fai que poidamos obter todas as cousas que necesitamos no noso día a día e que sen elas non poderiamos vivir, xa que o consumo é algo necesario e vital. Pero á vez este tamén destaca xa que é o consumo o que move a demanda e polo tanto a produción.


vista de texto