Hoxe en día, a gastronomía ocupa un posto de prestixio na nosa sociedade. Pouco a pouco, o interés pola comida foi medrando ata o punto que acadou unha gran valoración. Non obstante, sempre hai quen non apoia esta posición.
Malia a diferenza de ideais e gustos pola gastronomía, ninguén pode dubidar da súa importancia e da union que proporciona a miles de cidadáns. Festas e tradicións acostuman caracterizar unha boa comida que remata coa ledicia de cada veciño.
Por outra banda, cómpre mencionar a influenza da televisión e da publicidade. É doado atopar en calquera canle un programa de cociña para ensinar aos máis novos nista técnica, sen esquecernos dos anuncios que levan ao espectador a mercar o producto produto ou a buscalo nas tendas.
Coma todo, en ocasións, trátase dunha moda. Comidas que nunca tiveron nigún recoñecemento, poden gozar dun auxe importante só pola tentación de probala e de facer o mesmo que os demais. Outras veces, a gastronomía xa é popular por si soa. Hai costumes que non se perden. É o caso do Nadal, do Entroido, da Semana Santa... Nestes casos non precisan de ningunha oferta nin publicación xa que son coñecidas a nivel mundial.
Polo tanto, a gastronomía ten diversos puntos de vista mais só os máis expertos nela saberán verdadeiramente criticala. Os demais, dedicaranse a gozala e a probar cousas novas cun obxectivo fundamental, aumentar a variedade da dieta.