ABAU/2016-2017/CD22/xuño/07
Anotación multipalabra
Anotaciones
Linguistic area
Grammar
Annotation of multi-token units.
A gastronomía e a cociña son vicios para a xente dos nosos días. O certo que é o tema importa posto que diariamente estamos en contacto con ela; ben sexa na casa, no colexio, nalgúns traballos... A pesar diso é moi aburrido escoitar en todos os lados novas sobre a cociña, dende os novos programas da televisión referidos á gastronomía, ou incluso, á creación de novas combinacións de alimentos ou gornicións.
Hai vinte anos a cousa non era así. A gastronomía tiña importancia, iso está claro, pero nin punto de comparación coa importancia que ten na actualidade. Como pasou de ser un tema de interese a tema dos nosos días? O problema principal é da televisión e dos medios de comunicación pola introdución nas súas cadeas de programas de cociña ou concursos, como é o caso de "Masterchef". A xente desconecta e desfruta vendo como compiten dous aspirantes a cociñeiros mentres outros valoran os seus pratos. Respecto o gusto dos demáis pero considero que é unha moda de agora posto que co tempo deixará de interesar ou simplemente aburrirá.
vista de texto