Dende hai poucas décadas, a gastronomía acadou unha grande importancia
nas nosas vidas, chegando a ser un gran reclamo turístico dalgúns territorios.
Isto pode ser debido, en parte, á concepción que temos hoxe en día de
que podemos condsiderar arte e que non. Esta concepción levou ao cada
vez máis popular minimalismo da arte, minimalismo que afectoulle ta
mén á gastronomía.
Cando pensamos en gastronomía moderna o primeiro que imaxinamos é un prato con pouca comida e moitos ingredientes tras del, sen em
bargo, isto choca coa concepción que temos da gastronomía cultural.
Cando imos visitar calquera cidade ou país unha das cousas que máis
nos chama á atención é a súa gastronomía, e se pode enchernos
para satisfacer a nosa fame.
Esta é unha concepción que choca co minimalismo da gastronomía
moderna, a cal pode ter moitos ingredientes difíciles de atopar, pero
case nunca nos chega e, en moitos casos, queremos comer máis.
Persoalmente , o esencial que debe ter un bo plato de cociña é que lle che
gue e lle resulte saboroso ao consumidor. A gastronomía moderna
pode resultar saborosa, pero, debido á sua escaseza no prato, non con
segue enchernos.
Entón, pode abrirse o debate de se a cociña é ou non é arte,
dado que a cociña que é considerada arte (a gastronomía moderna) ten
moi pouca duración nos nosos paladares, mentres que a outra gastronomía
non pode resultar tan bela estilisticamente pero sí pode resultarnos bela
nos nosos paladares.
En conclusión, para que un prato de cociña resulte "belo", deben xuntarse
os mellores aspectos de ambos os dous tipos de gastronomía: a beleza
visual da gastronomía moderna e a beleza gustativa da gastronomía popular.