CORT_0370
ABAU/2016-2017/CD10/xuño/01
Comisión Delegada | 10 |
Convocatoria del examen | Xuño |
Tema | A gastronomía
|
Opciones de visualización
Texto:
Mostrar:
Etiquetas:
Javascript parece desconectado o hay un error de comunicación. Conecta Javascript para tener más opciones de visualización
Nos últimos anos, a concepción da cociña cambiou
ampliamente, dende a simple preparación de alimentos para
comelos ata un concepto próximo á arte. Esta revolución
do ambiente culinario provocou a desaprobación nalgúns e
a aceptación por parte doutros (entre os que me inclúo eu).
Orixinalmente, a cociña tiña a simple función de alimentar
nos. Porén, coma noutros aspectos da nosa vida, fixémola
evolucionar para que no canto de consistir na simple satisfacción
dunha necesidade primaria fose un goce para os sentidos.
Deste modo, as súas causas son moi diversas: o aumento
de poder adquisitivo da poboación, a mellora das relacións
internacionais entre países (que permite a importación de produtos
exóticos), o afán de renovación, o desexo de transformar a
tradición gastronómica en arte... Porén, penso que o
principal factor no caso galego e español foi o turismo.
O noso país é un dos maiores receptores de turistas do
mundo e nisto a gastronomía xoga un importante papel,
non só para mellorar a estancia dos turistas mentres están
aqui, senón que a nosa longa tradición tamén funciona como
un factor de reclamo en sí.
Persoalmente, opino que este tipo de cociña creativa
está aqui para quedarse, non só pola aficion que ten, senón
que tamén polo gran beneficio económico que xera e o
impacto positivo que ten na nosa sociedade.
Leyenda: | Lectura difícil • Texto borrado • Texto engadido |
Descarga a vista actual como TXT