GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

CORT_0410

ABAU/2016-2017/CD11/xuño/18

Comisión Delegada11
Convocatoria del examenXuño
TemaA gastronomía

Javascript parece desconectado o hay un error de comunicación. Conecta Javascript para tener más opciones de visualización

Ao gastronomía nos últimos anos evolucionou moito, aínda que depen

Ao longo do tempo, a gastronomía evolucionou moito, aínda que depende da época, porque é verdade que en épocas, por exemplo, de fame, que existe unha escaseza de todo é imposible evolucionar. Pero dende os primeiros homes ata hoxe si se pode dicir que que evolucionou moito.

comparemos a gastronomía do século pasado coa deste, ou a gastronomía desta década coa da anterior, incluso. Vese unha experimentación nos pratos que poden parecer un tanto raras, pero que son increíbles. O uso de nitróxeno, por exemplo, pode ser o que máis chame a atención. Ben é certo que a gastronomía é un arte máis nos nosos días, e que polo tanto corre paralelamente a outro tipo de artes de semellante "extravagancia", polo que son as mesmas causas as que traen esta gastronomía, e estas causas son, como xa ben dixen, a evolución, pero tamén, a capacidade de experimentación que teñen os artistas, como ben se poden definir aos cociñeiros. Tamén é certo que o experimentalismo é a corrente que golpea á gastronomía.

Non en tanto existen en todo agrupacións a favor e en contra. Neste caso atopamos en contra á xente tradicionalista, a que non lle gusta, directamente, este tipo de "inventos" (como ben poden chamarlle este grupo de persoas) nos seus platos.

Este grupo de persoas son os que sosteñen que a cociña esta en auxe por moda (aínda que tamén hai persoas que lles gusta que tamén o cren), que é algo pasaxeiro. O modo de ver de algúns tamén é que a gastronomía, unha vez que evoluciona, non é algo pasaxeiro, se non que permanece pero con menor repercusión.

Esta claro que a gastronomía deste rango chegou para quedarse, polo menos durante unha tempada grande en auxe, pero permanece como cambio cultural duradeiro.


Leyenda:

Lectura difícilTexto borrado Texto engadido


Descarga a vista actual como TXTAnotación multipalabra