GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

CORT_0455

ABAU/2016-2017/CD12/xuño/30

Comisión Delegada12
Convocatoria del examenXuño
TemaConsumo e produción

Javascript parece desconectado o hay un error de comunicación. Conecta Javascript para tener más opciones de visualización

Sen dúbida atopámonos nunha sociedade na que produtividade e consumismo teñen un papel fundamental.

En primeiro lugar, os avances tecnolóxicos permítennos fabricar obxectos de forma masiva e polo tanto cada vez o mercado está máis industrializado e colapsado. En cuestión de varias décadas fomos capaces de pasar dunha economía fundamentalmente agraria e adicada ao autoconsumo, a presentar un desenvolvemento industrial como o que temos na actualidade.

Como é lóxico, esta eficacia na produtividade está acompañada dun forte consumismo que deu lugar a unha sociedade materialista na que priman os bens que posuímos fronte ás persoas. Isto constitúe unha grande problemática debido a que aquelas empresas adicadas a producir masivamente poderán formar parte deste sistema económico vixente. Por este motivo, o número de persoas desfavorecidas aumenta considerablemente.

En resumo, os avances na produción son moi importantes mais os bens non deben primar sobre as necesidades do ser humano.


Leyenda:

Lectura difícilTexto borrado Texto engadido


Descarga a vista actual como TXT