GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

CORT_0889

ABAU/2016-2017/CD26/xuño/01

Comisión Delegada26
Convocatoria del examenXuño
TemaA gastronomía

Javascript parece desconectado o hay un error de comunicación. Conecta Javascript para tener más opciones de visualización

Na miña opinión a gastronomía e a cociña acadaron moita popularidade nos últimos anos, porque:

- Naceron ou importaronse un gran número de programas de cociña, como mMasterchef, que acadaron moita audiencia e unha gran fama, convertindose en algo indispensable que ver o día que o emitían, que lograron popularizar o mundo da cociña

- Estes programas estendéronse a diversas idades, debido a isto tamén popularizaron a cociña entre os máis pequenos

- A gran importancia que se lle a vida sana, tamén popularizou a gastronomía e a cociña, porque unha vida sana comeza por comer ben

- A parte disto, a nosa predilección pola boa comida está hoxe máis presente ca nunca, impulsándonos a aprender a cociñar para poder probar todo tipo de delicias.

Eu creo que esta moda pola cociña, non chegou para quedar, pero tampouco pasará cuomo unha moda pasaxeira. Na miña opinión quedará mentres a xente atope tempo suficiente para cociñar, pero en canto a xente se canse de utilizar o seu tempo libre en cociñar e apareza outra moda máis nova desaparecerá.

Da misma maneira, penso que esta moda deixará pegada na sociedade, xa agora hai xente verdadeiramente apasionada co mundo da cociña, entre eles, moitos nenos que están desexando medrar para convertírense en grandes cociñeiros.


Leyenda:

Lectura difícilTexto borrado Texto engadido


Descarga a vista actual como TXT