GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

CORT_0024

ABAU/2016-2017/CD01/xuño/24

Comisión Delegada01
Convocatoria del examenXuño
TemaConsumo e produción

Javascript parece desconectado o hay un error de comunicación. Conecta Javascript para tener más opciones de visualización

A día de hoxe é evidente que vivimos nunha sociedade de consumo. Ao longo dunha xornada, principalmente a publicidade e os medios de comunicación están a nos bombardear con produtos que comprar, ou diferentes opcións onde gastar os cartos.

Na actualidade, están a aparecer numerosos traballos adicados ao consumo que estudan e valoran os produtos onde nos que a poboación poida gastar máis. Somos os moniqu monicreques do sistema capitalista que nolo venden como un estado de benestar pero non é máis que unha sociedade na que consumir e comprar é o máis importante. O feito de querer ter sempre o último modelo de todo, incluso aínda que sexa peor, polo feito de que deste xeito acadamos maior prestixio social, provoca que nos volvamos uns materialistas. E é precisamente isto o que buscan os productores. Estes, evidentemente, queren crear produtos que compre a xente para así obteren máis beneficios. pois Se ben, é certo que non se pode vivir sen consumir, unha simple botella de auga xa custa cartos, mais a maior parte dos produtos que mercamos non son totalmente necesarios; mais o traballo dos produtores é facernos crer que si, e consígueno! Ese é o mal dos países desenvolvidos, hoxe en día non poderiamos vivir sen móbil ou sen televisión, cando o único que realmente precisamos é auga e comida.

Non hai moitos anos, a sociedade non era tan materialista, mais, cos avances tecnolóxicos e coa boa resposta dos consumidores, a produtividade medrou e mellorou. Mais, que pasará cando se estanque? Que pasará cando se deixe de comprar o último Iphone? Se o consumismo baixa os produtores non terán a quen vender e a sociedade sumirase nunha profunda crise. Porén, tendo en conta a importancia que se lle ao consumo hoxe en día, isto é moi difícil que pase.

En resumo, ao consumismo é necesario, mais deberiamos ser menos materialistas e valorar as cousas que si merecen a pena, e non nun produto que se renovará o mes seguinte.


Leyenda:

Lectura difícilTexto borrado Texto engadido


Descarga a vista actual como TXTAnotación multipalabra