GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

CORT_0028

ABAU/2016-2017/CD02/xuño/03

Año de redacción2017
Curso2º de Bacharelato
Comisión Delegada02
Convocatoria del examenXuño
GéneroArgumentativo
AsignaturaLingua e literatura galegas
TemaA gastronomía
Número de palabras246
Número de lemas140
Densidad léxica56
Número de enunciados11
Media de palabras por enunciado22.36
Número de palabras del enunciado más largo62
Número de palabras del enunciado más corto4
Número de párrafos1
Media de enunciados por párrafo11

Javascript parece desconectado o hay un error de comunicación. Conecta Javascript para tener más opciones de visualización

Nos últimos anos tiveron lugar numerosos avances tecnolóxicos que abarcan todos os ámbitos: comunicación, transporte, industria, construcción, electrodomésticos, etc. Isto inclúe tamén o ámbito culinario. A introducción de aparellos que facilitan o cociñado fai que numerosas persoas comecen a cociñar. Pero estes aparellos serven tamén para idear novas técnicas de cociñado, que comezan experimentalmente e poden dar moi bos resultados. Isto gusta á xente. Ver a preparación do plato, o resultado final (onde moitas veces cóidase máis a estética que o sabor), etc. Isto deu lugar a que se crearan programas de televisión como Masterchef ou Top Chef. Ver a persoas aparentemente normales, con traballos normales, utilizar técnicas de cociñado avanzadas , ver a súa evolución a través do programa fai pensar á xente que está nas súas casas que eles tamén poden facelo. A venda de libros de recetas e de tutoriales de cociña facilita este fenómeno. Ultimamente, ir a restaurantes con nomes raros e platos na carta que non podes nin pronunciar, considérase elitista, e a xente séntese superior moralmente superior por pagar grandes cantidades de diñeiro por cantidades mínimas de comida, do cal logo van presumindo ante os seus coñecidos con aire de superioridade, facendo comentarios dignos de crítico culinario aínda que probablemente non sepan do que falan. IEsta é a sociedade actual. Xente presumindo do que non ten, seguindo modas, pretendendo ser como a maioría pero aínda así destacar, pretender que es diferente para apuntarte á proxima moda que apareza. É cuestión de tempo...


Leyenda:

Lectura difícilTexto borrado Texto engadido


Descarga a vista actual como TXTAnotación multipalabra