Na sociedade na que vivimos é evidente que somos unha
É evidente que a sociedade na que vivimos é consumista, compr mercamos máis do
que precisamos e malgastamos os productos tirándoos cando xa están pasados de
moda, aínda que sigan funcionando funcionen perfectamente. Producimos moito máis do que
verdadeiramente precisamos e vémonos na constante necesidade de mercar compulsivamente.
Tal vez semelle que é algo forte chamar ao noso estilo de vida "compulsivo",
pero, acaso cando sae o último modelo de teléfono móbil, ou cando se impón
unha nova tendencia na moda, acaso non corremos a facernos con este novo e
innovador modelo? Non esperamos a que o noso móbil deixe de funcionar, ou a
que rompan os zapatos para mercar outros novos, e isto sobre todo é un hábito
moi común entre os adolescentes. Somos persoas que, nestas idades, prestamos
moita atención (e incluso chegamos a xulgar) a cómo viste unha persoa da nosa
idade, xa sexa amigo ou compañeiro. Vémonos ás veces na necesidade de ir
"á moda", pero qué pasa se esa moda a ti non che gusta? Tomarante por
un bicho raro, ou xa non serás "guay".
As empresas saben moi ben cómo atraer a nosa atención, cómo conseguir convencernos
para mercar algo que non precisamos, e se iso non funcionase, existe o que agora
se está a chamar "obsolescencia programada"; a súa isto consiste en que un
electrodoméstico, ou unha bombilla, ou calquer aparello tecnolóxico ten os días
contados, é dicir, está programado para estropearse pasado un certo tempo.
Esta medida é moi empregada polos fabricantes de telefonía móbil, que fan
que teñas que mercar un novo dispositivo cada 1-2 anos. Est
Esta relación entre produción e consumo é o que move o mundo no que
vivimos, as empresas xa non teñen como obxectivo fabricar un productoto de
calidade e duradeiro, porque sae máis rentable fabricar un produto que
deixe de funcionar aos dous anos, que un que dure cinco. O obxectivo
último das empresas é gañar o maior beneficio, sen importar o benestar
da economía do cliente.
O mundo é movido polo diñeiro, e non por un afán de crear bos
productos para os consumidores, a benestar costa causa disto os empresarios son
máis ricos a costa do diñeiro dos traballadores.