GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

CORT_0106

ABAU/2016-2017/CD04/xuño/08

Comisión Delegada04
Convocatoria del examenXuño
TemaA gastronomía

Javascript parece desconectado o hay un error de comunicación. Conecta Javascript para tener más opciones de visualización

Nos últimos 7 anos, a gastronomía e a cociña acadaron moita popularidade non en Galicia, tamén en moitos países arredor do mundo.

Unha das causas principais deste fenómeno é a presenza deunha gran infinidade de programas na televisión como por exemplo Masterchef e Topchef. Neles, foméntase a importancia de manter unha dieta variada e saudable, e tamén mostran técnicas de cociñar innovadoras e produtos exóticos que non se poden atopar en calquer supermercado. Ademais, nalgúns destes amosanos participantes destes concursos televisivos viaxan por moitos lugares, e incluso gañan premios.

Isto provocou que moita xente nos últimos anos se preparara para poder concursar.

A parte disto, en moitas cidades do mundo (debido ao proceso de globalización e aos movementos migratorios) existen restaurantes doutras culturas. Por exemplo, en Galicia hoxe en día, en cidades como A Coruña e Santiago, a xente pode asistir a restaurantes xaponeses, italianos...

Nos últimos vindeiros 2 anos, a parte deste tipo de negocios, xurdiron restaurantes específicos para persoas cunha determinada dieta, como por exemplo vexetarianos e veganos. Isto permite unha maior diversificación para poder escoller.

Dentro de dez anos aproximadamente, a xente poderá tomar calquer tipo de comida que desexe sen necesidade de ter que desprazarse a un lugar determinado. Isto, á longa, pode provocar un cambio cultural. Se os galegos deciden preparar pratos típicos doutros lugares, quizais non proben con tanta frecuencia os autóctonos.

En conclusión, unha persoa estranxeira que queira tomar comida típica galega, (por exemplo), non tería que ir a Galicia para poder probala. Ademais, tamén pode afectar ao sector turístico levemente.


Leyenda:

Lectura difícilTexto borrado Texto engadido


Descarga a vista actual como TXTAnotación multipalabra