Na miña opinión, a gastronomía e a cociña acadaron moita
popularidade por dous motivos principais: o aumento da economía e
a gran publicidade que os chefs máis destacados tiveron con dito
aumento e coa televisión, radio, etc.
Este aumento do interese por este tema dase nos últimos
anos, grazas ao aumento económico. Como consecuencia disto, as
persoas poden viaxar e cada vez máis lonxe, o que permite coñecer
diferentes culturas e tradicións costumes. Ao viaxar, as persoas
estranxeiras coñecen os tipos de comida característicos dun
lugar.
Outro factor determinante foi a aparición dos chefs máis coñecidos
e respetados nos medios de comunicación (televisión, radio, etc) e a súa presenza
nas redes sociais. Deste último xeito, os cociñeiros poden chegar á xente
nova, xa que a través das súas publicacións, os rapaces e rapazas poden ver
o seu traballo.
Cada vez, hai máis xente interesada pola cociña, xa que se poden
elaborar unha gran variedade de platos de formas moi distintas. Isto ocorre
debido a que, hoxe en día, pódese chegar dun xeito máis directo
ás persoas grazas aos medios de comunicación e ás redes sociais.
En conclusión, considero que a gastronomía pasou a ser un cambio
cultural duradeiro xa que este interese pódese transmitir de xeración
en xeración, o que asegura unha transmisión duradeira.