GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

CORT_0144

ABAU/2016-2017/CD05/xuño/07

Año de redacción2017
Curso2º de Bacharelato
Comisión Delegada05
Convocatoria del examenXuño
GéneroArgumentativo
AsignaturaLingua e literatura galegas
TemaA gastronomía
Número de palabras179
Número de lemas94
Densidad léxica53
Número de enunciados8
Media de palabras por enunciado22.38
Número de palabras del enunciado más largo32
Número de palabras del enunciado más corto9
Número de párrafos2
Media de enunciados por párrafo4

Javascript parece desconectado o hay un error de comunicación. Conecta Javascript para tener más opciones de visualización

Nos últimos anos a gastronomía púxose moito de moda. Os que vivimos en Galicia coñecemos este fenómeno moi de cerca: todos os pobos de Galicia están repletos de bares. "Outra cousa non encontrarás, pero bares e restaurantes moitos", repite moita xente galega ou xente que vén de fóra do país. Pero agora a gastronomía vése doutra maneira, non a esa boa maneira de cociñar, ese caldo coas patacas tan famoso de Galicia, o lacón con grelos... Agora o que se leva é iso de cociñar moi rápido (vemos persoas que se baten en programas televisivos para ver quen remata antes) e cociñar algo moi simple. Agora xa non se leva o de facer unha boa carne ou peixe, lévase o de poñer nun prato unha pequena mostra de comida e unha pequena decoración. Con isto o que se consegue é perder a tradición, sobre todo a nosa, con tanta variedade; a pesar de que os novos gastrónomos digan que é unha renovación ou unha arte.

Na miña opinión, creo que non deberiamos perder o noso patrimonio, neste caso gastrónomo.


Leyenda:

Lectura difícilTexto borrado Texto engadido


Descarga a vista actual como TXT