GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

CORT_0269

ABAU/2016-2017/CD07/xuño/35

Comisión Delegada07
Convocatoria del examenXuño
TemaConsumo e produción

Javascript parece desconectado o hay un error de comunicación. Conecta Javascript para tener más opciones de visualización

Hoxe en día a nosa economía basease nunha produción e consumo máis alá do necesario. É dicir, non producimos soamente o que é preciso para poder vivir ben, senon que consumimos máis do que precisamos, o que provoca que a produción sexa maior.

Isto lévanos a falar de consumismo, xa que mercamos por mercar. Aínda que non necesitemos o que estamos a obter, como é novo facemolo igual. Un claro exemplo disto pódese ver na industria telefónica. Na actualidade a produción de móviles e a creación de novos modelos está á orde do día. En canto sae un novo modelo, teña o prezo que teña, pouco despois poderase ver en mans da gran parte dos adolescentes, a pesar de que moitos non o precisen porque o que teñen está case novo.

Este consumismo que temos hoxe en día lévanos a gastar máis cartos dos necesarios pola necesidade de ter o último que saquen á venta, o que fai que a produción de certos aparatos tecnolóxicos ou de determinadas pezas de roupa (por exemplo) crezca, moitas veces sen centrase máis en que sexa bo, senon en que a xente o merque o máximo posible.


Leyenda:

Lectura difícilTexto borrado Texto engadido


Descarga a vista actual como TXT