A Gastronomía e a cociña galegas:
Sen dúbida unha un dos atractivos da nosa Comunidade é a nosa variedade e calidade gastronómica. Non tan só coñecida non a nivel nacional se non tamén nun ámbito global.
A calidade dos produtos galegos é dificil de comparar a outros, xa que engloba dende verduras, legumes, produtos cárnicos ata o famoso produto de mar galego. A pesar de que a cociña continue a súa evolución, os pratos galegos a pe aínda que sexan moi tradicionais non pasan de moda e seguen tendo cada vez máis público. A causa deste fenómeno pode ser a súa variedade, dende lacón con grelos, empanadas caseiras e o polbo a feira, e múltiples pratos cada cal de mellor calidade. Dende os primeiros pratos , pratos combinados e postres. O triunfo da gastronomía galega e a calidade das materias primas é cada vez maior, un claro exemplo é a declaración da carne de terneira galega coma a mellor do mundo, según grandes críticos gastronómicos; ou tamén a calidade do viño galego, con prestixio mundial.
Na miña opinión, a cociña galega tradicional perdurará durante un longo tempo, sen modificacións de ningún tipo, tal e como a coñecemos dende séculos e décadas atrás.