CORT_0377
ABAU/2016-2017/CD10/xuño/08
Comisión Delegada | 10 |
Convocatoria de exame | Xuño |
Tema | A gastronomía |
Opcións de visualización
Texto:
Mostrar:
Anotación:
Javascript parece apagado ou hai un erro de comunicación. Acende Javascript para máis opcións de visualización
Non coñezo demasiado o mundo da gastronomía, pero penso que a popularidade que acadou
non é nin moito menos unha simple moda pasaxeira. Grazas ás novas tecnoloxías, aos
medios de comunicación e á posibilidade de obter todo tipo de alimentos na nosa sociedade,
a gastronomía comezou a salientar entre os temas de interese público. Na actualidade,
podemos ver na televisión moitos concursos de cociña como Masterchef, nos que os
seus participantes compiten por facer o mellor prato, analizado e catado por un ou máis
xuíces que darán o seu veredicto sobre estes. Todo hai que dicilo, programas coma
este adoitan ter bastante audiencia, e non se trata dunha mera casualidade.
Como dixen anteriormente, os medios promocionan a gastronomía, e outras maneiras de
facelo tamén son a creación de ciclos de Hostelería e Cociña, para
que as persoas e sobre todo os rapaces máis novos se interesen polo mundo da
gastronomía e se integren nel. Este dato coñézoo mellor grazas a que precisamente
no meu instituto, o IES Fraga do Eume, existe un sector dedicado a estes ciclos.
Polo tanto, penso que a popularización deste fenómeno débese sobre todo á influencia
das innovacións da época actual, que permiten difundir e dar a coñecer calquer
tema que poida ser de interese público.
Lenda: | Lectura difícil • Texto borrado • Texto engadido |
Descargar vista actual como txt