GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

CORT_0377

ABAU/2016-2017/CD10/xuño/08

Comisión Delegada10
Convocatoria del examenXuño
TemaA gastronomía

Javascript parece desconectado o hay un error de comunicación. Conecta Javascript para tener más opciones de visualización

Non coñezo demasiado o mundo da gastronomía, pero penso que a popularidade que acadou non é nin moito menos unha simple moda pasaxeira. Grazas ás novas tecnoloxías, aos medios de comunicación e á posibilidade de obter todo tipo de alimentos na nosa sociedade, a gastronomía comezou a salientar entre os temas de interese público. Na actualidade, podemos ver na televisión moitos concursos de cociña como Masterchef, nos que os seus participantes compiten por facer o mellor prato, analizado e catado por un ou máis xuíces que darán o seu veredicto sobre estes. Todo hai que dicilo, programas coma este adoitan ter bastante audiencia, e non se trata dunha mera casualidade.

Como dixen anteriormente, os medios promocionan a gastronomía, e outras maneiras de facelo tamén son a creación de ciclos de Hostelería e Cociña, para que as persoas e sobre todo os rapaces máis novos se interesen polo mundo da gastronomía e se integren nel. Este dato coñézoo mellor grazas a que precisamente no meu instituto, o IES Fraga do Eume, existe un sector dedicado a estes ciclos.

Polo tanto, penso que a popularización deste fenómeno débese sobre todo á influencia das innovacións da época actual, que permiten difundir e dar a coñecer calquer tema que poida ser de interese público.


Leyenda:

Lectura difícilTexto borrado Texto engadido


Descarga a vista actual como TXT