GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

CORT_0298

ABAU/2016-2017/CD08/xuño/18

Ano de redacción2017
Curso2º de Bacharelato
Comisión Delegada08
Convocatoria de exameXuño
XéneroArgumentativo
MateriaLingua e literatura galegas
TemaA gastronomía
Número de palabras181
Número de lemas100
Densidade léxica55
Número de enunciados7
Media de palabras por enunciado25.86
Número de palabras do enunciado máis longo46
Número de palabras do enunciado máis curto9
Número de parágrafos5
Media de enunciados por parágrafo1.4

Javascript parece apagado ou hai un erro de comunicación. Acende Javascript para máis opcións de visualización

A comida é algo que non se pode evitar. Querendo ou sen querer, unha persoa ten que comer se quere seguir vivindo; posto que sen alimentos, como ocorre coa auga, o organismo deteriórase ata rematar morrendo.

Esta necesidade fomenta as novas técnicas e innovacións e tamén fai máis difiícil que un determinado prato que leva nunha sociedade moito tempo teña éxito, posto que os consumidores son máis esixentes.

Con todo, a gastronomía é unha moda pasaxeira: fai uns anos, o ideal era encher os pratos de comida e comer ata fartar; mais agora, o ideal son as pequenas mostras de alimento moi ben presentadas pero que, ademais de seren caras, non acaban coa fame.

Malia isto, é certo que cada vez hai mááis persoas ás que lles gusta comer ben, e isto inclúe a cantidade e a calidade. Toda esta moda está fomentada, na actualidade, polos diversos programas de cociña que se emiten na televisión.

Polo tanto, a gastronomía é algo frecuente nos días de hoxe, pero sempre terá moita importancia, aínda que de diversas maneiras, xa que é algo vitalicio.


Lenda:

Lectura difícilTexto borrado Texto engadido


Descargar vista actual como txt