GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

CORT_0354

ABAU/2016-2017/CD09/xuño/27

Comisión Delegada09
Convocatoria de exameXuño
TemaA gastronomía

Javascript parece apagado ou hai un erro de comunicación. Acende Javascript para máis opcións de visualización

Hai uns anos, o oficio de cociñeiro era visto como o dunha persoa encargada simplemente de encher o estómago dos seus clientes. Esta concepción está a mudar dende aos últimaos lustros, e hoxe en día o "chef" é un artista encargado de vender non un menú, senón toda unha sensación ou experiencia.

Isto é unha realidade apreciable sen moito esforzo no día a día. Así, programas televisivos de cociña tradicional perden a súa funcion de ser manuais de cociña audiovisuais e son substituídos por concursos presentados por prestixiosos mestres das artes culinarias. Este tipo de programas acadan elevadísimas cotas de audiencia, e non iso, xa que as etapas finais destes concursos acadan a categoría nalgúns casos de evento social.

De forma paralela, cada vez valórase máis a experiencia de comer en locais fóra da casa. Isto débese en parte á sustancial mellora da economía dende mediados do século XX, o cal permite á gran maioría do pobo acceder a produtos antes considerados de luxo. Ademáis, tivo unha gran influenza a apertura da sociedade. Hai uns anos era moi difícil atopar restaurantes de comida estranxeira, mentres que hoxe en día é o máis común do mundo. Esta apertura fai que a xente se vexa tentada a probar cousas novas. Ante este fenómeno, os restaurantes tradicionais buscan cada vez máis a innovación, exaltando así a faceta de artista dos cociñeiros e incrementando o interese do público pola gastronomía.

En conclusión, a popularidade da gastronomía responde a unha serie de fenómenos complexos ligados ó cambio da sociedade, e é posible que vaia manterse durante moito tempo.


Lenda:

Lectura difícilTexto borrado Texto engadido


Descargar vista actual como txt