A sociedade de hoxe en día ten un sistema económico
baseado na oferta e na demanda, e polo tanto tamén
na produción e consumición.
Isto quere decir que mentras que uns sectores se encargan
de fabricar produtos para a sociedade, os outros
dedicaranse a consumilos, e se estes produtos son
de boa calidade, pedirán máis e polo tanto a demanda
aumentará.
Pero se a demanda é moi grande, certas empresas poden
aproveitarse e subir os prezos, de modo que o seu consumo
xa non estará á disposición de calquera, e polo tanto
pasarase a comprar outros produtos de prezos menores,
entrando no consumo outras marcas e empresas, que
probablemente acaben facendo o mesmo.
Pero por outro lado tamén teñen que pensar que a subida
ten que ser compensar, xa que pode que ao diminuír
o número de compradores, as gañancias baixen tamén.
Por todo isto, o consumo e a produción manteñen activa
a sociedade xa que a fai competitiva, non sempre de
un modo positivo, pero sí na maioría dos casos, e polo
tanto, co intento de mellorar, a nosa sociedade
avanza e progresa nunha multiplicidade de ámbitos:
tecnoloxías, equipamento, alimentos saudables, etc.
De modo que, para que unha sociedade funcione, é
necesario o movemento, é dicir, producir e consumir,
de maneira que non se quede estancada e así
fomentar o traballo e a evolución.