O noso modo de vida actual esta caracterizado polo capitalismo,
sistema no que existe ampla liberdade de mercado e depende
enormemente do consumo.
Ademais, neste sistema, toda empresa ten un obxectivo en común,
que é obter o máximo beneficio posible, a través duns costes de
produción baixos, que se logran coas economías de escala. Para
chegar a elas é necesario producir moito, o que implica que se
precisa vender. De aí vén a relación entre o consumo e a produción,
toda empresa precisa do seu consumidor, que se compre o seu produto.
Esta relación é algo complexa, debido a que para comprar, precí
sanse cartos, para que haxa cartos precisamos traballar, e o traba
llo depende da produción que sexa necesaria.
Todo este proceso é un bucle pechado no que non pode faltar
ningún elemento, porque se así fose, romperíase o ciclo, é dicir; tería
lugar unha crise.
Para axudar a previr estas situacións, no capitalismo existe
o coñecido xogo da oferta e da demanda, polo que se guía todo empre
sario ao lanzar un produto e planificar a súa produción. Ademais, todo
produto pasa por diferentes etapas coñecidas como : introdución no mercado,
recuperación do capital invertido, auxe e declive. Pero ben é certo que
todos estes procesos dependen do éxito e do consumo, de novo.
En síntese, o sistema económico actual depende da relación produción-consumismo e oferta-demanda que debemos de planificar para obter
o máximo beneficio, obxectivo do capitalismo.