GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

CORT_0059

ABAU/2016-2017/CD03/xuño/03

Comisión Delegada03
Convocatoria de exameXuño
TemaA gastronomía

Javascript parece apagado ou hai un erro de comunicación. Acende Javascript para máis opcións de visualización

Nestes últimos anos a gastronomía e a cociña aumentaron a súa popularidade entre a poboación. Isto debeuse aos programas televisivos sobre comida ou os concursos de cociña. Polo tanto, trátase dunha moda pasaxeira, que se esquecerá cando eses programas e concursos rematen, ao igual que pasou fai unha década aproximadamente coa moda de estudar periodismo. Cando lle preguntabas a un rapaz qué quería ser cando fose maior respondíache periodista, na actualidade esa resposta cambiou a cociñeiro. Por outra banda, grazas a esta moda pasaxeira, moitas persoas poden estar descubrindo a súa paixón, e grazas a isto poden dedicarse ao que máis lles gusta.

Ademais agora a xente anímase máis a probar pratos novos que antes non probarían, e non do seu propio país, se non que os proban tamén cando viaxan ao extranxeiro. Polo tanto a cultura gastronómica vai crecendo e enriquecéndose con novas receitas.

Polo tanto, esta moda ten unha parte positiva e unha negativa. A positiva é o coñecemento da cultura gastronómica a nivel mundial, que permite entender tamén as costumes do país, e unha parte negativa que é que ao estar tanto de moda, todo o mundo quere estudar iso e enchen as prazas das carreiras, cursos ou ciclos, sen ter esa paixón pola gastronomía, polo que a maioría pode abandoar as clases sen acabar o curso, estragando así unha praza que podía tela ocupado outra persoa á que lle gustase a cociña.


Lenda:

Lectura difícilTexto borrado Texto engadido


Descargar vista actual como txtAnotación multipalabra