GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

CORT_0108

ABAU/2016-2017/CD04/xuño/10

Ano de redacción2017
Curso2º de Bacharelato
Comisión Delegada04
Convocatoria de exameXuño
XéneroArgumentativo
MateriaLingua e literatura galegas
TemaA gastronomía
Número de palabras190
Número de lemas94
Densidade léxica49
Número de enunciados6
Media de palabras por enunciado31.67
Número de palabras do enunciado máis longo60
Número de palabras do enunciado máis curto18
Número de parágrafos4
Media de enunciados por parágrafo1.50

Javascript parece apagado ou hai un erro de comunicación. Acende Javascript para máis opcións de visualización

A gastronomía e a cociña acadaron moita popularidade nos últimos anos debido a que a xente estase interesando cada vez máis niso. Na miña opinión, a xente antes non se interesaba tanto debido a que alta cociña era máis cara, polo que unha parte da poboación podía acceder a ela. Agora tamén hai restaurantes caros, que hai moitos máis que son máis asequibles para todo o mundo.

Na sociedade actual, na que están moi de moda as dietas, que adoitan estar ligadas a facer deporte, a xente pon máis interese e infórmase cada vez máis con respecto a ese tema.

Por outra banda, os restaurantes de comida rápida seguen a abrir cada vez máis, xa que xente como os turistas nunha cidade, acoden a eles para aforrarse cartos.

Dende o meu punto de vista, nun futuro os restaurantes de comida rápida van a seguir abertos, polas razón que dixen antes, e porque nun caso de emerxencia é o máis asequible, pero, á súa vez, a xente vai continuar coas dietas xa que hoxe en día, nos restaurantes podes acceder a comida deste estilo, feito que facilita moitas cousas.


Lenda:

Lectura difícilTexto borrado Texto engadido


Descargar vista actual como txt