CORT_0111
ABAU/2016-2017/CD04/xuño/13
Comisión Delegada | 04 |
Convocatoria de exame | Xuño |
Tema | A gastronomía
|
Opcións de visualización
Texto:
Mostrar:
Anotación:
Javascript parece apagado ou hai un erro de comunicación. Acende Javascript para máis opcións de visualización
Nestas últimas décadas a gastronomía e a cociña
gañaron moita popularidade. Na miña opinión, intentamos
parecernos ao resto de países modernos. A cociña
con nitróxeno líquido, esferificacións con aceite, escumas
con sabor a amorodo... Realmente non lle vexo
sentido a unha cociña concibida case como un
laboratorio químico.
Suponse que a cociña leva tempo e esforzo e non
o estamos levando á práctica. Estamos seguindo
unha moda sen máis, sen saber a donde nos
pode acabar levando e sen pensar nas consecuencias.
Dende o meu punto de vista é unha simple moda.
Xa será máis duradeira ou menos, pero considero
que esta moda ou tendencia debería estar
tocando á súa fin .
Algunha das causas disto pode ser o gusto polo
moderno, polo escueto e pola fixación nas cousas
meramente exteriores.
Quizais, o peor de todo sexa que esta moda
a estamos extrapolando ás relacións cos
demáis. Ou ao mellor é a propia tendencia
a que foi extrapolada da nosa simpleza
como individuos que só observan o de
fora, o que podemos ver e tocar, sin
plantexarse que no fondo aínda hai moito
máis.
En conclusión, esta moda da cociña moderna non pode
estar servindo para contribuir a nada, nin facendonos
máis "refinados" nin no padal nin nas sensacións.
Lenda: | Lectura difícil • Texto borrado • Texto engadido |
Descargar vista actual como txt
• Anotación multipalabra