CORT_0138
ABAU/2016-2017/CD05/xuño/01
Comisión Delegada | 05 |
Convocatoria de exame | Xuño |
Tema | A gastronomía |
Opcións de visualización
Texto:
Mostrar:
Anotación:
Javascript parece apagado ou hai un erro de comunicación. Acende Javascript para máis opcións de visualización
Cada ano aparecen novas modas que deixan as súas pegadas na sociedade. Estes
últimos anos, a gastronomía tivo un gran aumento na súa popularidade grazas
incluso a programas televisivos ou a persoeiros importantes que destacan no mundo
da gastronomía e da cociña, pero maioritariamente podemos atribuir esta expansión
á chegada ao noso país da gastronomía doutras culturas e lugares, e viceversa.
Por esta razón non creo que debamos de considerar esta nova cociña que se está
desenvolvendo como unha moda pasaxeira. Sempre existiu en todos os lugares unha
gran cultura gastronómica e o único que aconteceu foi que este mercado cultural
abriuse ao mundo por deixar entrar influencias doutras culturas. Si é verdade
que dentro deste ámbito se desenvolven unhas novas formas de facer cociña
e de comciñar con elementos que anteriormente non coincidían coa demanda gastronómica.
Estas novas formas evolucionan día tras día e mesmo xorden outras novas ideadas
por persoas ou por empresas, as cales sí poderíamos considerar como modas gastronómicas
pasaxeiras; pero isto non quere dicir que a propia gastronomía e a cociña sexan
modas da actualidade.
Lenda: | Lectura difícil • Texto borrado • Texto engadido |
Descargar vista actual como txt
• Anotación multipalabra