GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

CORT_0161

ABAU/2016-2017/CD05/xuño/24

Comisión Delegada05
Convocatoria de exameXuño
TemaA gastronomía

Javascript parece apagado ou hai un erro de comunicación. Acende Javascript para máis opcións de visualización

Nos últimos anos o mundo gastronómico está a gañar unha gran popularidade entre a poboación, motivado, en parte, por unha serie de programas, principalmente concursos, centrados na cociña.

Este feito está cada vez máis presente no mundo do entretemento e é debido, en parte, á aparición da cociña de vangarda. Agora non son a cantidade e o sabor o que importan, senón unha presentación estética, o uso de técnicas innovadoras, novas combinacións de sabores, etc.

O certo é que agora a cociña é a nova arte do mundo contemporánea, algo que, se temos en conta a historia da civilización, supón un avance e implica que vivimos nun ambiente onde ten mellorado moito a calidade de vida.

Pero, a pregunta que nos poderíamos facer é, se esta nova tendencia, que implica non a necesidade vital que temos de comer, senón tamén facer disto unha nova arte, está en sintonía co mundo no que vivimos.

Resultan moi interesantes a experimentación e a arte gastronómicas, pero isto é unha empresa que, creo, se debería realizar cando todos teñan xa satisfeita esa necesidade vital que é comer. Mentres aquí se fan tartares e culis de perdiz aromatizadas, noutras partes do mundo non hai nen un cacho de pan.

A renovación gastronómica, resulta, por suposto, interesante e non se debería parar, pero si intentar que esta se tería por que parar; pero tamén se debería ter en conta, sobre todo dende os organismos de televisión pública, que a nosa sociedade non é a única que existe.


Lenda:

Lectura difícilTexto borrado Texto engadido


Descargar vista actual como txt