GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

CORT_0195

ABAU/2016-2017/CD06/xuño/06

Comisión Delegada06
Convocatoria de exameXuño
TemaA gastronomía

Javascript parece apagado ou hai un erro de comunicación. Acende Javascript para máis opcións de visualización

Que Na miña opinión que a gastronomía e a cociña acadaran unha gran popularidade é algo estupendo. Eu creo que esta evolución veu dada polo aumento dos viaxes e do turismo xa que para saber máis sobre a cultura dun país tes que afondar na comida, algo que moitos cociñeiros viron coma unha gran oportunidade e comezaron a perfeccionar e a aumentar as súas técnicas. O que ao principio parecía unha moda pasaxeira está resultando non selo, trátase dun factor cultural que chegou para quedarse. A min persoalmente góstame moito probar de ve cando en vez comida estranxeira, pero sobre todo que o mundo enteiro coñeza a gran cantidade de pratos íncreibles que hai na miña terra Galicia; o lacón con grelos, as filloas os freixós da miña aboa... creo que a gastronomía pode facer que aumente o turismo na nosa nación. Por outra parte este auxe gastronómico trae consigo unha gran cantidade de obesidade, sobre todo infantil, por iso debemos ter ben informada á poboación sobre como elaborar unha dieta de forma que os excesos se produzan de cando en vez. Finalmente é de dicir que non hai nada mellor que a gastronomía e que esta popularidade que agora ten trae consigo, coma xa dixen, moitas ventaxas. Así que xa sabedes, ¡todos a xantar!


Lenda:

Lectura difícilTexto borrado Texto engadido


Descargar vista actual como txtAnotación multipalabra