GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

CORT_0261

ABAU/2016-2017/CD07/xuño/27

Comisión Delegada07
Convocatoria de exameXuño
TemaA gastronomía

Javascript parece apagado ou hai un erro de comunicación. Acende Javascript para máis opcións de visualización

Nestes tempos, a popularidade da gastronomía e a cociña acadou un gran nivel.

Posiblemente, as súas causas veñen producidas polos numerosos programas culinarios que existen hoxe en día na televisión. Neles se ven pratos extraordinarios de países distintos e iso incita a xente a tomar un curso ou soamente probalos.

Outra das razóns da súa popularidade son as comidas exóticas que cada vez gustan máis na sociedade actual, e iso incita á apertura de restaurantes con este tipo de comidas.

Pero como todo, é unha moda pasaxeira. Cando xa se crea que a gastronomía e a cociña non para máis, rapidamente buscaran outra cousa que enganche e incite a súa compra, para continuar co círculo vicioso de consumismo derrochador. Nesta sociedade na que nos tocou vivir todo é unha moda pasaxeira para que a xente continúe comprando e comprando.

Mais, volvendo a gastronomía é a cociña, hoxe en día dánse moitos cursos para xente interesada en aprender a cociñar, e verdadeiramente teñen moito éxito, o que aumenta a súa popularidade. Nesta senda, tamén aumentan o número de gastrónomos importantes así como os premios que a estes lles conceden.

En conclusión, a gastronomía e a cociña están en auxe neste momento e , pode que nalgún momento se converta en moda pasaxeira pero de momento está ben asentada, e a súa popularidade aumenta.


Lenda:

Lectura difícilTexto borrado Texto engadido


Descargar vista actual como txt