GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

CORT_0373

ABAU/2016-2017/CD10/xuño/04

Comisión Delegada10
Convocatoria de exameXuño
TemaA gastronomía

Javascript parece apagado ou hai un erro de comunicación. Acende Javascript para máis opcións de visualización

Nestes últimos anos, tanto a práctica da gastronomía como a da cociña viuse aumentada. De feito, non fai falla máis que acender a televisión e ver pr distintos programas televisivos con diferentes popularidades gastronómicas ao seu frente como Másterchef a cargo de chefs como Jordi Cruz, ou Topchef, que é posterior a Másterchef, ao mando do famoso gastrónomo Alberto Chicote.

Non os programas televisivos de cociña aumentaron (antes tíñamos Karlos Arguiñano e pouco máis) senón que tamén apareceron blogues de repostería, canles de Youtube de cociña, ou contas de Instagram de xente que sube á rede as súas experiencias nos fogones. Ata as nais, cando prepáranlle un prato aos seus fillos, optan por subilo ás redes sociais e alardear entre as súas amizades.

Posíblemente o boom da cociña a través dos medios de comunicación sexa unha simple moda que xurdeu por diversos factores sovbretodo a imitación duns programas televisivos a outros, ou das contas de cociña en redes sociais. De igual forma pasou cos programas de viaxe, moi frecuentes hai non moitos anos (Pekín Express, Callejeros Viajeros, Españoles por el mundo) e agora casi inexistentes. O que é un cambio máis significativo na cultura culinaria é que, exista ou non moda, xa está aberto un ábano de posibilidades para ampliar de forma sinxela e fa cómoda a forma de aprender novos pratos ou novas técnicas na cociña, fronte á antiga transmisión xeracional das receitas de cociña, o que limitaba moito máis a variedade na cociña da casa.


Lenda:

Lectura difícilTexto borrado Texto engadido


Descargar vista actual como txt