GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

CORT_0408

ABAU/2016-2017/CD11/xuño/16

Comisión Delegada11
Convocatoria de exameXuño
TemaA gastronomía

Javascript parece apagado ou hai un erro de comunicación. Acende Javascript para máis opcións de visualización

Desde fai uns anos para aquí a gastronomía está gañando cada vez máis seguidores, con razón, xa que en España en xeral cómese ben, pero na nosa terra, Galiza, cómese mellor ca en calquera outro punto da xeografía ibérica, e con motivo, xa que aquí danse os mellores productos, neses verdes pastos que nomeaba Pondal, danse as mellores verduras; e nos nosos mares cheos de ondas, coma por exemplo nas ondas do mar de vVigo, desa fermosa estrofa, danse os mellores peixes e mariscos de case toda Europa.

É certo que a gastronomía en xeral está en pleno auxe, pero todo iso é grazas aos divinos cociñeiros que se deixan a pel nas cociñas e a todas as persoas que poñen un pouquiño do seu corazón para sacar adiante as súas colleitas, que logo degustamos.

Estase a valorar moito ese tipo de cociña selecta, comao di meu abuelo feita con pinzas, que comes dun bocado e a sua elaboración foi de horas, esa cociña está moi valorada, pero outro tipo de cociña que tamén está moi valorada, é a de pobo, pola cal pagas moi pouco e poñenche comida para tres días.

Outra experiencia que está de moda é a de irse a países exóticos a probar novos sabores por un prezo moi baixo.

Desde o meu punto de vista, eu creo que a cociña cara, selecta e de pouca cantidade é unha moda pasaxeira que acabará por rematarse e daquela, todos volverán á comida da avoa, que coma esa non hai ningunha e menos na nosa amada Galiza.


Lenda:

Lectura difícilTexto borrado Texto engadido


Descargar vista actual como txtAnotación multipalabra