Conferencia de Hellen Picanço Simas no ILG

Data inicio: 
Friday, March 10, 2023 - 11:00
Poster: 
Descrición: 

A profesora visitante no ILG Hellen Cristina Picanço Simas, da Universidade Federal do Amazonas, ofrecerá a conferencia Planificación lingüística para as linguas indíxenas do Brasil. Esta actividade vai ter lugar na sala de conferencias do instituto o venres 10 de marzo, ás 11:00 h.

Resumo 

Esta charla ten como obxectivo analizar a política lingüística existente no Brasil para as linguas indíxenas, con vistas a sinalar os seus puntos críticos, así como as posibles accións que deben levarse a cabo para a creación dunha planificación lingüística que contemple a diversidade lingüística do país.