Cursos de verán de lingua e cultura galegas para estranxeiros 2013
O fin primordial dos Cursos será darlle ao alumnado a oportunidade de familiarizarse coa lingua galega e coa realidade sociocultural de Galicia. Amais das clases de lingua, están programadas leccións sobre literatura, historia, xeografía, arte etc., de Galicia, así como visitas a lugares de especial interese cultural da cidade.
Dentro dos cursos haberá distintos niveis:
- Nivel elemental, de iniciación á lingua para quen desexe introducirse no seu coñecemento. O alumnado deste nivel distribuirase previsiblemente en dous grupos, segundo o grao de comprensión da lingua, mediante a realización dunha proba de nivel.
- Nivel medio, destinado a quen xa realizou o curso elemental ou que demostre un coñecemento básico do idioma mediante a realización dunha proba de nivel.
- Curso superior de Filoloxía Galega , para quen cursou o nivel medio ou acredite un bo dominio do galego.
ORGANIZAN:
REAL ACADEMIA GALEGA
INSTITUTO DA LINGUA GALEGA (USC)
SECRETARÍA XERAL DE POLÍTICA LINGÜÍSTICA (XUNTA DE GALICIA)
Director: Manuel González González
Secretaria: Ana García García