Obradoiro "Como mellorar a nosa técnica de expresión oral no ámbito académico"

Data inicio: 
Friday, April 12, 2024 - 17:00
Data fin: 
Friday, April 12, 2024 - 17:00
Poster: 
Descrición: 

A investigadora do ILG Maite Sanmarco Bande impartiu o obradoiro Como mellorar a nosa técnica de expresión oral no ámbito académico o martes 9 de abril, de 13 a 15 h, na sala de divulgación do centro. Sanmarco tratou unha serie de elementos que nos poden axudar a transmitir as nosas ideas cunha maior eficiencia, como os contidos da presentación (as diapositivas), o xeito de prepararnos ou a maneira de expoñer.