Conferencia sobre a clasificación do galoitaliano

Data: 
Tuesday, May 5, 2015 - 13:00
Imaxe: 

O martes 5 de maio, Lissander Brasca, investigador da Universidade de Bangor (Reino Unido), impartiu unha conferencia sobre os problemas na clasificación do galoitaliano dentro da familia románica. A exposición tivo lugar no Seminario A do ILG ás 13:00 h.

Lissander Brasca é licenciado en Ciencias Lingüísticas e Linguas Estranxeiras pola Universidade de Venecia (Italia) e autor da proposta para a ortografía polinómica da lingua lombarda. Actualmente está realizando o seu doutoramento na Universidade de Bangor, baixo a direccción do profesor Marc Tamburell.

Na súa conferencia, “Problemas en la clasificación del galoitaliano dentro de la familia románica”, Brasca presentou os problemas preliminares que afronta no proxecto de tese de doutoramento en que está traballando, centrada nos dialectos galoitalianos, é dicir, os dialectos falados no norte de Italia (Lombardía, Piemonte, Liguria, Emilia e Romaña).

Ao final da súa intervención, Lissander Brasca tamén falou sobre o intento de revitalización das variantes lombardas a través dunha normativa polinómica.