E irei madr'a Vigo

Data: 
Thursday, November 23, 2017 - 15:00
Imaxe: 

Do 23 ao 24 de novembro de 2017 celebrouse en Vigo o simposio internacional E irei madr'a Vigo, con motivo da estadía do Pergamiño Vindel en Vigo.

Neste encontro participou o profesor e investigador do ILG Xavier Varela Barreiro, quen pronunciou a seguinte conferencia: "Estudo grafolóxico do Pergamiño Vindel".

O profesor e colaborador do ILG Alexandre Rodríguez Guerra tamén ofreceu unha conferencia, titulada "A lingua de Martin Codax: a sintaxe oracional".

Alexandre Rodríguez Guerra e Xosé-Henrique Costas González, colaboradores do ILG, forman parte da comisión organizadora do simposio.