IV Coloquio de Lingüística Histórica
Do 13 ao 14 de outubro celebrouse en Cáceres (Estremadura) o IV Coloquio de Lingüística Histórica.
Neste encontro participou o seguinte persoal investigador do ILG:
-
Ernesto González Seoane: "A representación do portugués nos textos galegos da Idade Moderna"
-
Francisco Fernández Rei: "A posición do galego e do portugués na historia da romanística"
-
Henrique Monteagudo: "Variantes galegas distintivas nos cancioneiros trobadorescos: subsidios para unha revisión"
-
Manuel González González: "A lingua dos parlamentarios galegos e o novo galego urbano"
-
Paulo Martínez Lema: "Toponímia(s) galego-portuguesa(s): unha tentativa de comparación"
-
Ramón Mariño Paz: "Sobre algunhas concomitancias luso-galaicas do "Vocabulario de Palavras e Modos de Falar do Minho, e Beira, &c." (1728) de Raphael Bluteau"
-
Ricardo Pichel Gotérrez: "Prosa medieval galego-portuguesa: crónicas, traducións e mecenados nos sécs. XIV-XV"
-
Rosario Álvarez: "Entre a xeolingüística e a lingüística contrastiva: algúns aspectos da gramática do pronome persoal en galego e portugués"
-
Xavier Varela Barreiro e Eduardo Moscoso Mato: "Os resultados do corónimo GALLAECIA en Galiza e Portugal"
-
Xosé Henrique Costas: "Orixe e evolución das sibilantes nas falas do val do río Ellas"
O persoal do ILG tamén estivo presente na organización deste coloquio: Raquel Alonso Parada e Xavier Varela Barreiro formaron parte da comisión organizadora do encontro, e Francisco Dubert, Francisco Fernández Rei, Ramón Mariño Paz e Alexandre Rodríguez Guerra fixérono da comisión científica.