IV Encontro da Mocidade Investigadora
Do 9 ao 10 de xuño celebrouse o IV Encontro da Mocidade Investigadora na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela.
Neste encontro participaron as seguintes investigadoras predoutorais do ILG:
-
Carolina Pérez Capelo: "Algunhas consideracións sobre a resistencia da toponimia ao cambio lingüístico"
-
Irene Santos Raña: "O contacto lingüístico nas zonas estremeiras de Galicia"
-
Isabel Corral Pérez: "Estudo preliminar das actitudes lingüísticas en México"
-
María Beatriz Domínguez Oroña: "Estudo da alternancia causativa en pares verbais do galego: primeiros resultados"
-
Sandra Beis Silva: "A toponimia no ‘Nomenclátor gallego’ do padre Sobreira"
-
Soraya Suárez Quintas: "Mapas mentais: a percepción dos falantes sobre os dialectos do galego"