Oscilación entre corradicais sinonímicos con e sen prefixo no galego-portugués

Data: 
Tuesday, September 19, 2017 - 12:00
Imaxe: 

O venres 22 de setembro, o profesor Mailson Lopes, da UFBA / UC ─ CELGA-ILTEC, deu unha presentación na Sala de conferencias do ILG ás 13 horas, titulada "Oscilación entre corradicais sinonímicos con e sen prefixo no galego-portugués". 

No galego-portugués e noutros sistemas lingüísticos románicos medievais coexisten verbos equivalentes con e sen prefixo, como ajuramentar e juramentar, devedar e vedar, enalhear e alhear. Paralelamente, no portugués e/ou no galego contemporáneos, hai formas como acontecer, amamentar, atormentar, embalsamar, outrora desprovidos de prefixos. Ambos os procesos, de perda ou acrecentamento prefixais, actúan no medievo, enredados en fluxos de variación e cambio, que tenden a resultar no solapamento dunha das formas corradicais (Carvalho, 2016; Sánchez Martín, 2008) durante ou tras ese período. Proponse unha reflexión sobre as motivacións (Rainer, 2015) destes diferentes traxectos prefixais, considerándose a estrutura da base verbal (Varela & Martín García, 1999), a natureza do prefixo (Rio-Torto, 2016) ─ no latín e no romance (Romanelli, 1964; Nunes 1989; García-Medall, 1994; Lopes, 2013) ─ e factores de natureza externa que poden estar na base da coexistencia, durante varios séculos, de dúas formas corradicais (Gardani, 2015), e de que a partir de determinado momento se cese tal convivencia (Verdelho, 1995; Xavier, 1999).

O profesor Mailson Lopes foi alumno, nas edicións de 2014 e 2015, dos Cursos de verán de lingua e cultura galegas que organiza a Real Academia Galega, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística e o Instituto da Lingua Galega da USC.