Pesar polo falecemento de Gustav Henningsen

Data: 
Wednesday, October 18, 2023 - 14:15
Imaxe: 

O ILG lamenta o falecemento do investigador danés Gustav Henningsen. Especialista no estudo das tradicións populares e director durante varias décadas do Dansk Folkemindesamling, Henningsen doou ó ILG boa parte do material sonoro correspondente ás súas investigacións realizadas nos anos sesenta do século pasado en distintos lugares de Galicia.

Este material foi a orixe do proxecto Transcrición dos textos orais do arquivo etnográfico do profesor Gustav Henningsen, coordinado por Xulio Sousa coa colaboración de Sandra Vázquez Núñez, que permitiu a transcrición de máis de 150 horas de gravacións. Desde 2015 estas gravacións conforman a Colección Henningsen dentro do Arquivo Dixital do Museo do Pobo Galego, depositario tamén do seu material fotográfico, fontes de información de moito valor para coñecer as tradicións, a música e a lingua da Galicia rural de hai máis de medio século.

O ILG quere expresar o seu agradecemento pola súa xenerosidade e a da súa muller Marisa Rey e as condolencias á súa familia.