Visita ao ILG das estudantes do EMLex

Data: 
Friday, December 9, 2016 - 12:45
Imaxe: 

O día 14 de decembro, a partir das 12:30 horas, as estudantes do Máster Europeo en Lexicografía (EMLex), acompañadas pola coordinadora do máster na USC, a profesora María José Domínguez Vázquez, visitaron o Instituto da Lingua Galega para coñecer de primeira man os proxectos que se están a desenvolver na institución. O Instituto colabora na organización do máster a través de varios dos seus investigadores, que imparten docencia nel, e tamén na súa condición de centro para a realización de prácticas.