XXX Edición dos Cursos de verán

Data: 
Monday, July 3, 2017 - 09:00
Imaxe: 

Do 3 ao 24 de xullo desenvolverase en Santiago de Compostela a XXX Edición dos Cursos de verán de lingua e cultura galegas. Estes cursos, que se veñen celebrando desde o verán de 1988, están dirixidos a persoas de fóra de Galicia interesadas na lingua, na literatura e na cultura galegas.

Os cursos organizaranse en tres niveis: nivel elemental, nivel medio e curso superior de lingüística e de literatura galegas. Ademais das clases de lingua, están programadas actividades de ampliación cultural, que consistirán fundamentalmente en conferencias sobre literatura, historia e outros eidos da realidade sociocultural de Galicia, así como visitas a lugares de interese natural e histórico de Galicia.

Para inscribirse nos cursos unicamente se require ter feitos 18 anos e enviar a ficha de inscrición á secretaría dos cursos. O prazo para a recepción das solicitudes remata o 24 de febreiro. O enderezo de contacto é cursos@academia.gal.