Aviso legal

FINALIDADE, TITULARIDADE E ACCESO.

A finalidade de FOLERPA é proporcionar, nun único sitio web:

Unha aplicación interactiva que permite desenvolver tests de percepción auditiva, distribuílos entre suxeitos experimentais, obter as respostas e xestionar os tests unha vez creados. Conta con dous perfís de acceso: o/a usuario/a investigador/a, que accede a un espazo de traballo privado onde pode elaborar tests perceptivos, xestionar tests que xa ten creados, difundilos entre os e as participantes e descargar as respostas obtidas; e o perfil de xuíz/a, que accede directamente ao test experimental proposto polo investigador ou investigadora, para dar as súas respostas ou xuízos.

FOLERPA é unha aplicación informática de titularidade da Universidade de Santiago de Compostela, do Instituto da Lingua Galega e do Grupo de investigación FILGA (GI-1743), protexida polos dereitos de propiedade intelectual (artigos 95 e seg. da Lei de Propiedade Intelectual).

Os resultados derivados de cada un dos tests desenvolvidos en FOLERPA pertencen aos/ás investigadores/as responsables da realización destes.

O usuario ou usuaria poderá efectuar os actos necesarios para o acceso á aplicación e para a elaboración dos tests perceptivos, así como para dar respostas a estes. Con todo, non se poderá efectuar:

  1. Actos que sexan contrarios a unha explotación normal da ferramenta ou que lesionen inxustificadamente os intereses lexítimos do titular dos dereitos.
  2. A subida de arquivos de son para os que o/a usuario/a non teña permiso de uso, nin o acceso a tests perceptivos doutros/as usuarios/as sen permiso previo por parte daqueles/as.
  3. A posta en circulación dunha ou máis copias do código da aplicación sen autorización do seu titular
  4. A utilización da aplicación para fins comerciais
  5. A utilización de calquera instrumento ou dispositivo técnico para suprimir ou neutralizar a protección do sistema informático
  6. Calquera outro acto prohibido pola lexislación de Propiedade Intelectual (Real Decreto Lexislativo 1/1996 de 12 de abril).

Non se necesitará a autorización do titular:

  1. Cando se realiza un uso para fins privados.
  2. Cando a utilización se realice con fins educativos ou para a investigación científica, sempre e cando se cite a fonte. O usuario ou usuaria debe citar sempre FOLERPA como ferramenta empregada para a realización dos tests perceptivos e de recollida de datos, seguindo a forma de cita especificada na páxina de inicio da aplicación. Ver como citar: http://ilg.usc.gal/folerpa/
  3. Cando se trate dunha utilización para fins de seguridade pública ou a efectos dun procedemento administrativo ou xudicial.

O acceso a determinados servizos (elaboración de tests perceptivos, administración de tests perceptivos, descarga de datos obtidos e participación nun test perceptivo) está supeditado ao rexistro de usuario/a, quen debe proporcionar datos lícitos e veraces durante o proceso de rexistro, así como facer un uso persoal, intransferible e confidencial da clave de acceso

FOLERPA reserva para si o dereito de denegar o acceso ao sitio web ao usuario ou usuaria que incumpla as advertencias legais e as condicións de uso que se especifican neste aviso legal, ou a emprender as accións legais oportunas para defender os seus dereitos.

OUTROS DEREITOS

Os dereitos de propiedade intelectual referentes aos contidos do sitio web, o software subxacente (incluído o código fonte), o deseño gráfico, así como os diferentes elementos que integran o sitio web (signos distintivos, contidos e imaxes), corresponden á USC, quedando prohibida a súa reprodución parcial ou total sen consentimento do seu lexítimo titular

PROTECCIÓN DE DATOS

O acceso a determinados servizos de FOLERPA (elaboración de tests perceptivos, administración de tests perceptivos, descarga de datos obtidos e participación nun test perceptivo) require a identificación previa do usuario ou usuaria. Os datos de carácter persoal recollidos a estes efectos serán tratados de conformidade co establecido na Lei Orgánica de Protección de Datos de Carácter Persoal e no Regulamento Europeo de Protección de Datos.

De conformidade co Regulamento UE 2016/679, os datos solicitados serán tratados pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) coa finalidade de dar acceso aos servizos desta aplicación.

Estes datos serán incorporados e tratados no ficheiro denominado “usuarios de servizos da USC”, que ten como finalidade a xestión de persoas físicas ás que a Universidade de Santiago lles ofrece e presta servizos non académicos.

O órgano responsable do ficheiro é o Vicerreitorado de Comunicación, Cultura e Responsabilidade Social, situado no Colexio de San Xerome, Praza do Obradoiro s/n, 15782 Santiago de Compostela.

O Delegado de Protección de Datos é Julio Fernández Rodríguez, con enderezo de correo electrónico dpd@usc.gal.

A base de xustificación deste tratamento é o consentimento expreso das persoas interesadas mediante a aceptación expresa e inequívoca deste aviso legal e da política de protección de datos recollida neste.

Non se prevén cesións a terceiros dos datos persoais contidos neste ficheiro. O acceso e tratamento da información relativa aos tests e aos usuarios e usuarias (tanto xuíces/zas como investigadores/as) estará restrinxido á única finalidade de realizar melloras no funcionamento da aplicación ou para a creación de estatísticas de uso.

As persoas interesadas poden exercer ante o responsable os dereitos de acceso, rectificación, supresión, limitación de tratamento, oposición e portabilidade a través da Sede Electrónica da USC: https://sede.usc.es/sede/publica/catalogo/procedemento/55/ver.htm

Tamén se poden dirixir á Axencia Española de Protección de Datos para realizar a reclamación que consideren oportuna.

Sen a aceptación desta política de datos os servizos que requiren identificación ou autenticación previa non serán accesibles.

Os datos serán conservados durante o período no que se realice a finalidade para a que foron recollidos ou durante o tempo necesario para cumprir coas obrigas legais.

Cumprida a finalidade, os datos bloquearanse ata que transcorran os prazos de prescrición aplicables, salvo que sexan necesarios para a prestación do servizo público da educación superior.

A política de protección de datos da USC pódese consultar na seguinte páxina web: http://www.usc.gal/gl/normativa/protecciondatos/index.html

EXCLUSIÓN DE RESPONSABILIDADE

Tanto o acceso a ese sitio web como o uso que se poida facer da información contida no mesmo é responsabilidade exclusiva do/a usuario/a.

O titular non se responsabiliza do contido ou dereitos de uso dos arquivos subidos á plataforma polos usuarios e usuarias nin da información recollida sobre os suxeitos experimentais por parte dos usuarios e usuarias.

O titular non responderá de ningunha consecuencia, dano ou prexuízo que se puidese producir no equipo do/a usuario/a como consecuencia directa ou indirecta do acceso a este sitio web.

Así mesmo, a USC queda eximida de calquera responsabilidade derivada do mal funcionamento do sitio web que teña a súa orixe nunha circunstancia accidental, forza maior, traballos necesarios de mantemento ou calquera outra causa, así como de eventuais erros e inexactitudes que puidese conter o sitio web.

Co obxecto de facilitar información adicional ao usuario ou usuaria e ampliar os recursos ao seu dispor, FOLERPA inclúe enlaces de terceiros sobre os que non ten ningún control, polo que declina toda responsabilidade sobre o estado da conexión de acceso, o contido ou as condicións de uso. En caso de acceder a estes enlaces, o usuario ou usuaria actuará baixo a súa responsabilidade e nas condicións e termos ás que estean suxeitos cada un deses recursos.