Conferencia sobre estratexias de recuperación da lingua en Bos Aires

Data: 
martes, Setembro 9, 2014 - 14:15
Imaxe: 

O venres 12 de setembro ás 13:00 h no seminario A do ILG, o investigador do ILG Facundo Reyna Muniain presentou o seu proxecto de investigación sobre "Estratexias de revitalización e recuperación da lingua na diáspora de Bos Aires no século XXI".

No contexto dunha cidade cosmopolita como Bos Aires, a lingua e a identidade galegas son unha máis entre as moitas presentes, o cal permite desenvolver particularidades especiais no campo das actitudes lingüísticas, espazos de uso e ideoloxías lingüísticas, en que o concepto 'neofalante' xoga un rol clave.

O investigador arxentino defende que unha aproximación ás estratexias, motivacións e competencias dos neofalantes en galego (unha lingua minoritaria europea) nun contexto de emigración americano pode resultar proveitoso para o estudo das políticas de revitalización da lingua no territorio orixinal do galego.