Esta vixésimo terceira edición dos simposios do ILG, que terá lugar do 28 ao 30 de novembro na Facultade de Filoloxía da USC, aborda o papel das identidades e das ideoloxías lingüísticas nas dinámicas de variación e mudanza lingüística en contextos de contacto lingüístico.
Novidades
-
Simposio ILG 2023. Contacto de linguas: identidades e ideoloxías lingüísticas
28/11/23 -
Introdución aos estudos semántico-lexicais en lingua portuguesa: perspectiva cognitiva sociohistórica
16/10/23Este curso ten como obxectivo demostrar que o léxico dun pobo está intimamente ligado á súa historia, e que, a partir dese léxico, as relacións entre lingua, linguaxe, discursos e sociedade superan as fronteiras lingüísticas.
-
Isabel Molina e Leonardo Marcotulio na "II Xornada sobre Variación e Cambio Lingüístico"
09/10/23Isabel Molina Martos, da Universidade de Alcalá de Henares, e Leonardo Lennertz Marcotulio, da Universidade de Aveiro, son os conferenciantes convidados na II Xornada sobre Variación e Cambio Lingüístico, que terá lugar o 9 de outubro na Facultade de Filoloxía da USC.
-
II Xornada sobre Variación e Cambio Lingüístico
09/10/23A II Xornada sobre Variación e Cambio Lingüístico pretende ser un encontro de investigadores e investigadoras para promover e difundir os traballos sobre a variación e o cambio lingüístico nas linguas románicas. Esta segunda edición céntrase no estudo da variación e do cambio lingüístico en espazos urbanos.
-
"Visita e café" con Cecilia Farias
21/09/23O xoves 21 Cecilia Farias, da Universidade de São Paulo, conversará na segunda sesión de "Visita e café" sobre o traballo que vai realizar durante o seu mes de estadía.
-
"Visita e café" con Laura Lesta García
14/09/23Este curso inaugúrase no ILG a actividade Visita e café para poder coñecer a investigación e intereses do profesorado visitante do Instituto e poder achegarlle ideas e suxestións.
-
Investigadores do ILG no X Congreso da SIDG
04/09/23Investigadores do ILG participan no X Congress of the International Society for Dialectology and Geolinguistics, que ten lugar do 4 ao 8 de setembro en Bucarest (Romanía).
-
Convocatoria pública de contratación de persoal
21/07/23No concurso público 07/2023, da Universidade de Santiago de Compostela, convócase unha praza de investigador(a) colaborador(a) a tempo completo para traballar no ILG.
-
Curso de MAXQDA
20/07/23Neste curso, impartido pola profesora Marta Estévez Grossi, integrante do grupo de investigación MetalingüisTICa da USC, exploraranse as potencialidades do sofware MAXQDA, un dos programas máis recoñecidos e utilizados a nivel mundial, así como as súas aplicacións prácticas para investigacións na área da lingüística aplicada (análise do discurso, análise do contido etc.).
-
Reunión do PERTE "Nova Economía da Lingua"
14/07/23A primeira xuntanza en Galicia do proxecto Nova Economía da Lingua (NEL),que conforma un Proxecto Estratéxico para a Recuperación e Transformación Económica (PERTE) centrado na nova economía da lingua, botou a andar este xoves 13 no Edificio Fontán da Cidade da Cultura, sede do proxecto Nós, e finalizou esta mañá.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »